contest “Enmárcate en Tui”
O “Concello de Tui”, a través das concellerías de Turismo e Patrimonio, convoca o I Concurso Fotográfico “Enmárcate en Tui”.

Neste concurso poderán participar toda-las persoas maiores de ideade que o desexen, cun máximo de dúas fotografías tomadas no marco situado na Área de Autocaravanas, na antiga ponte sobre o río Tripes, na rúa Martínez Padin, podendo aparecer nas mesmas o número de persoas que o autor estime oportuno

Os interesados ​​en participar no concurso deberán enviar as fotos xunto co modelo de inscrición, que está accesible na web tui.gal ao correo electrónico comunicacion@tui.gal, cubrindo os datos: nome e apelidos do autor, lugar de residencia, data na que foi tomada a instantánea, teléfono e correo electrónico, Ademáis da autorización para publicar a foto en redes sociais do Concello, así como en outros medios de comunicación no caso de resultar gañadora e a autorización expresa de publicación se aparecen menores na mesma. As fotografías deben enviarse ata o 30 de setembro.

O xurado, nomeado polo Concello, dará a coñecer o gañador o venres 4 de outubro. A persoa gañadora recibirá unha figura decorativa, réplica do pórtico da Catedral de Tui.