Festa da Virxe das Dores, Guillarei

Esta fin de semana poderemos disfrutar das Festas da Virxe das Dores de Guillarei..., ¿Imos?

A parroquia de Guillarei, no municipio de Tui, celebrará durante os días 13, 14, 15 e 16 de Septembro a súa festa na honra á Virxe das Dores.

Venres 13 de setembro, a gran tirada de bombas de palenque anunciará o inicio de dos festexos.
Pola noite celebrarase o tradicional encendido do alumeado para, posteriormente, dar comezo á verbena a cargo da orquesta Graffiti e ás 00.30 horas gran actuación do grupo tributo a Queen e o grupo La Nave.

Sábado 14, comeza a xornada co pasacalles da charanga SDK. Ás 13.00 habrá unha gran tirada de fogos.
Durante esa xornada poderase disfrutar da actuación ds Banda de Guerra de la Bri e a Banda de Gaitas e Grupo Folclórico Lembranzas da Terra. Chegada a noite, a verbena correrá a cargo das orquestas La Estación e Saudade.

Domingo 15, a Sociedade Musical de Arcos de Valdevez (Portugal) e a Banda de Música Artística de Merza farán as delicias dos veciños e visitantes en sendas actuacións. Celebrarase unha misa solemne e a verbena será amenizada polas orquestas Televisión e La Dimensión.

Luns 16, a última xornada festiva dará comezo coa Banda de Música Popular de Rubiós para dar paso á misa solemne cantada polo coro parroquial. Para finalizar catro días de festa, terá lugar a última gran verbena a cargo de La Fórmula e Solara.